Concepción Mariño

Modelo:BiografíaConcepción Mariño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1790 Editar o valor en Wikidata
El Valle del Espíritu Santo, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1856 Editar o valor en Wikidata (65/66 anos)
Chacachacare, Trinidad e Tobago Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsSantiago Mariño Editar o valor en Wikidata

Concepción Mariño, nada en El Valle del Espíritu Santo en 1790 e finada en Chacachacare en 1856, foi unha aristócrata venezolana, que tivo un importante papel nas guerras de independencia hispanoamericanas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de El Valle del Espíritu Santo, na Illa de Margarita. Pertencente á destacada familia galega dos Mariño de Lobeira,[1] seu pai era Santiago Mariño de Lobeira Acuña, natural da provincia de Pontevedra e que fixera fortuna con varias facendas nas últimas décadas do século XVIII, ademais de ser capitán de milicias reguladas; mentres que súa nai era Atanasia Carige Fitzgerald, trinitaria de orixe irlandesa.[2]

Seus pais posuían terras na provincia de Trinidad e na rexión oriental de Venezuela, entre elas unha facenda no illote de Chacachacare e outra na zona continental do Delta Amacuro. Casou con José María Sanda, de cuxa unión naceron 5 fillos. Despois de casar, herdou a facenda Chacachacare e uns bens considerables en terras e propiedades.

Guerra da Independencia

[editar | editar a fonte]

Tras a perda da Primeira República a mediados de 1812, Concepción converteuse nunha muller tenaz de gran coraxe. A súa propiedade Chacachacare pertencente á colonia británica de Trinidad (actual Trinidad e Tobago) converteuse no lugar de encontro dos republicanos. Concepción tivo un papel fundamental para as forzas patrióticas, encargándose do contrabando de armas desde Trinidad ata Tierra Firme, para ser utilizadas polas tropas de Simón Bolívar, aínda que isto provocou un xuízo baixo a lei marcial polas autoridades inglesas e a confiscación do bens do seu irmán, aínda que era respectada.

O 2 de xaneiro de 1813, na facenda de Chacachacare, tomou un papel decisivo na campaña de liberación do Oriente Venezolano. Ese mesmo día asinouse na súa facenda a Lei de Chacachacare, na que se menciona a Concepción como "Magnánima Muller" e que deu comezo á campaña de Oriente.

A súa solidariedade coa causa independentista continuou despois da constitución da III República. En 1821, Venezuela enfrontábase á ameaza de Miguel de la Torre, o que motivou a Concepción, que conduciu barcos da súa propiedade desde a colonia británica de Xamaica, transportando armas para o exército de Bolívar.[3]

Cando o seu irmán morreu en 1854, aínda vivía na propiedade de Chacachacare, onde morreu dous anos despois.

En homenaxe á súa memoria, un transbordador da naviera Conferry recibiu o seu nome.

  1. Lage Seara, Antonio (3 de xaneiro de 2023). "Los Mariño, descendientes de una sirena de la isla de Sálvora". Mundiario (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  2. "Raíces familiares del general Mariño". banesco.com (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2024. 
  3. "Quién fue Concepción Mariño" (en español). Consultado o 23 de novembro de 2022.