O Congreso Nacional Africano de Rodesia do Sur (CNARS, en inglés Southern Rhodesia African National Congress SRANC) foi un partido de Rodesia do Sur (actual Zimbabwe) fundado en 1932 como un partido multiracial por líderes shona e ndebele[1] para loitar contra a discriminación da maioría negra. O seu primeiro líder foi o shona Aaron Jacha[2] e baseábase máis na acción social ca na política[3]. O partido foi languidecendo e practicamente só se mantivo en Bulawayo, onde a activou Joshua Nkomo, o novo líder da formación desde 1952[4]. Nkomo decidido a revitalizar a organización refundouna o 12 de setembro de 1957 cos membros procedentes da vella CNARS e xente nova procedente da Liga Nova Africana (African Youth Ligue) e que marcou o comezo da acción política cara ao autogoberno da maioría negra. O 29 de febreiro de 1959 o goberno de Rodesia do Sur prohibiu a CNARS.