Conopodium | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Conopodium majus | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
especies | |||||||||||||||||||
ver texto. |
Conopodium é un xénero de plantas herbáceas pertencente á familia das apiáceas. Comprende 57 especies descritas e destas, só 8 aceptadas.[2]
Son herbas perennes, cun tubérculo subterráneo esférico ou irregular. Talos flexuosos na parte inferior. Follas 2-3 pinnatisectas. Umbelas de primeira orde con 0 (-2) brácteas; as de segunda orde con 0-10 bracteolas. Dentes do cáliz ausentes ou diminutos. Pétalos brancos. Froitos oblongo-ovoideos, glabros, pardos. Estilopodio cónico ou cónico-aplanado, estreitándose gradualmente cara ao estilo.[3]
O xénero foi descrito por Wilhelm Daniel Joseph Koch e publicado en Nova Acta Physico-medica Academiae Caesareae Leopoldino-Carolinae Naturae Curiosorum Exhibentia Ephemerides sive Observationes Historias et Experimenta 2: 118. 1824.[4] A especie tipo é: Conopodium denudatum W.D.J. Koch.
A continuación amósase unha listaxe das especies do xénero Conopodium aceptadas até setembro de 2012, ordenadas alfabeticamente. Para cada unha indícase o nome binomial seguido do autor, abreviado segundo as convencións e usos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conopodium |