Consello británico-irlandés | |
---|---|
Tipo | organización |
Data de fundación | 2 de decembro de 1999 |
Sede | Edimburgo |
País | Reino Unido |
Na rede | |
http://www.britishirishcouncil.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consello británico-irlandés (en inglés British–Irish Council, BIC) é unha Organización Internacional[1] creada baixo o Acordo de Belfast de 1998. Os seus membros comprenden:
O consello foi formalmente establecido cando o acordo británico-irlandés foi asinado o 2 de decembro de 1999. O seu obxectivo principal é "promover a harmonía e o mutuo beneficio da totalidade dos pobos das illas". O consello ten un secretariado, localizado en Edimburgo, Escocia, e realízanse reunións en sesións semestrais e en encontros ministeriais.[2]
Inicialmente, suxeríronse como nomes do consello Consello das Illas Británicas ou Consello das Illas. Porén, tendo en conta a sensibilidade arredor do termo Illas Británicas, particularmente en Irlanda, aceptouse o nome Consello británico-irlandés.
O nome oficial do consello tamén é empregado nas linguas dos distintos membros:
Administración | Foto | Representante | Título |
---|---|---|---|
Guernsey | Peter Harwood | Ministro xefe | |
Illa de Man | Allan Bell | Ministro xefe | |
Irlanda | Enda Kenny | Taoiseach | |
Jersey | Senador Ian Gorst | Ministro xefe | |
Irlanda do Norte | Peter Robinson | Primeiro Ministro | |
Martin McGuinness | Primeiro Ministro deputado | ||
Escocia | Alex Salmond | Primeiro Ministro | |
Reino Unido | David Cameron | Primeiro Ministro | |
Gales | Carwyn Jones | Primeiro Ministro |