Coriolis / P98-2 | |
---|---|
![]() Coriolis | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico / Observación terrestre |
Fabricante | Spectrum Astro |
Organización | USAF |
Destino actual | En activo.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 6 de xaneiro de 2003, 14:19 GMT[1][4][5] |
Foguete portador | Titan-2G[1][3] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2] |
Obxectivo da misión | Medición do vento na superficie terrestre, estudo de perturbacións xeomagnéticas.[1][2] |
NSSDC ID | 2003-001A |
Masa | 395 kg[1] |
Dimensións | 3,0 m de diámetro, 6,0 m de alto[1] |
Potencia | 1174,0 W[1] |
Coriolis é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 6 de xaneiro de 2003 mediante un foguete Titan-2G desde a base Vandenberg da Forza Aérea para probar novas tecnoloxías e observar a superficie terrestre.[1][2][3]
Coriolis é un satélite do Programa de Probas Espaciais da Forza Aérea dos Estados Unidos coa finalidade de demostrar a medición remota de ventos na superficie terrestre usando a técnica de radiometría polarimétrica de microondas como maneira de reducir riscos para o uso da tecnoloxía no sistema de satélites meteorolóxicos NPOESS. Tamén se adica a predicir perturbacións xeomagnéticas mediante a observación de eventos de exección de masa coronal do Sol.[1][2][3]
O satélite ten unha masa de 395 kg, cun [[diámetro de 3,0 m e unha altura de 6,9 m. leva dous instrumentos a bordo:
Características clave de Coriolis son o seu baixo nivel de interferencia electromagnética para o óptimo rendemento do radiómetro e a súa estabilidade de apuntado e control da posición tendo un elemento (WindSat) que rota a 30 revolucións por minuto. O satélite envía datos a terra a velocidades de ata 51,2 Mbps en banda X.[1][2][3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coriolis |