Coroa de Liechtenstein † | |
---|---|
Liechtenstein Krone en alemán | |
![]() | ![]() |
(anverso) | (reverso) |
Código: | DKK |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | Kr |
Fracción: | Heller. |
Moedas: | 1, 2, 5, 10 e 20 coroas. |
Billetes: | 10, 20 e 50 heller. |
Emisor: | |
Taxa de troco: | 1 coroa de Liechtenstein = 1 coroa austrohúngara |
A Coroa de Liechtenstein (en alemán: Liechtenstein Krone; plural kronen) foi a unidade monetaria de Liechtenstein desde 1898 ata 1921, e estaba dividida en 100 heller, como moeda divisionaria. As moedas son raras, en tanto que os billetes son máis comúns.[1]
Liechtenstein usou a coroa austrohúngara e a coroa austríaca logo da disolución do Imperio Austrohúngaro en 1918, e logo adoptou o franco suízo en 1921, por mor da inestabilidade da coroa. A coroa de Liechtenstein definíase pola mesma cantidade de metais preciosos que a coroa austrohúngara e que a coroa austríaca.[1][2][3]
Cuñáronse moedas de prata de 1, 2 e 5 coroas, e moedas de ouro de 10 e de 20 coroas. Nalgúns dos valores, existen probas numismáticas datadas en 1898, aínda que o habitual é que as emisións regulares comezasen a estar datadas en 1900.[2][3]
As moedas da coroa de Liechtenstein cuñáronse na Casa da Moeda de Viena a nome do monarca Xoán II e foron deseñadas polo gravador Gustave Deloye.
Imaxe | Denominación | Emisión | Aliaxe | Diámetro/peso | Tiraxes anuais |
---|---|---|---|---|---|
![]() ![]() |
(835 mil.) |
5 g |
125 | ||
![]() ![]() |
1904 1910 1915 |
(835 mil.) |
5 g |
50.000
75.000 50.000 75.000 | |
![]() ![]() |
Prata
(835 mil.) |
10 g |
50.000
37.500 | ||
![]() ![]() |
Prata
(900 mil.) |
25 g |
100
5.000 15.000 10.000 10.000 | ||
![]() ![]() |
Ouro
(900 mil.) |
3,387 g |
35
1.500 | ||
![]() ![]() |
Ouro
(900 mil.) |
6,775 g |
1.535 |
Liectenstein utilizou os billetes da coroa austríaca entre 1919 e 1921, cando pasou a adoptar como propio o franco suízo. De xeito autónomo, só imprimiu papel moeda de emerxencia con denominacións de 10, 20 e 50 heller durante o ano 1920.[1][10][11]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coroa de Liechtenstein ![]() |