Coronavirus, Explained | |
---|---|
Formato | Documental |
Desenvolvido por | Vox Media |
Intérpretes | J. K. Simmons (narrador) |
Tema de apertura | Jackson Greenberg[1] |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 3 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Duración | 26 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 26 de abril de 2020 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coronavirus, Explained é unha serie documental estadounidense producida por Vox Media. A serie, xunto con The Mind, Explained e Sex, Explained é un spin-off da serie de televisión Explained.[2] Os episodios da serie exploran diferentes temas arredor da pandemia por coronavirus de 2019-2020, expoñendo os esforzos por detela.[3] A serie estreouse en Netflix o 26 de abril de 2020 e está narrada por J. K. Simmons.