O Corpo de Infantería de Mariña (Cuerpo de Infantería de Marina en español; CIM) de Chile (informalmente alcuñados como os cosacos) é unha forza de combate dependente da Armada de Chile, formada por arredor de 4.200 efectivos, e especializada en funcións de asalto anfibio, forzas especiais e defensa da costa, así como tamén funcións de orde e seguridade nas zonas navais.
A infantaría de Mariña ten a súa orixe no decreto asinado por Bernardo O'Higgins o 16 de xuño de 1818[1]. En orixe as súas funcións eran disparen os rifles desde a cofa, a abordaxe a machete, o desembarco con baioneta e a utilización dos canóns[2]. O corpo tivo diversos nomes ao longo do século XIX, Batallón de Mariña nos seus primeiros anos, Brigada de Infantería de Mariña e Batallón de Artillería de Mariña en 1866. Durante a Guerra do Pacífico elevouse a categoría de Rexemento por decreto do 3 de abril de 1879[3]. Na década de 1940 pasou a denominarse Corpo de Defensa de Costa e desde 1964 leva a actual denominación.[4]
O CIM organízase en catro destacamentos principais, os cales levan nomes de oficiais relacionados coa infantaría e que salientaron nas guerras decimonónicas. Os destacamentos localízanse nas catro principais bases navais que son cabeza de zona naval.
Cada zona naval conta con cadanseu Destacamento de Orde e Seguranza adscrito á infantaría e que actúa como policía militar. O CIM tamén é o responsable da seguranza do Comandante en Xefe da Armada e contribúe cunha sección á seguranza das instalacións do Ministerio de Defensa. A Comadancia Xeneral do Cuerpo localízase na cidade de Concón. No Fonte Vergara localízase a Escola de Infantería de Mariña "Comandante Jaime Charles", onde se imparte formación especializada a oficiais e a xentes do mar e non depende organicamente do CIM, senón do comando de educación da Armada. Existen pequenas unidades en zonas estratéxicas, como a Illa de Pascua ou Puerto Williams.
Ata o ano 2006 existía a Agrupación de Comandos Infantes de Marina Nº 51, unha unidade de operacións especiais pero nese ano agrupouse co Comando de Mergulladores Tácticos dando nacemento á Forza Especial da Armada de Chile. Todas as bandas da Armada de Chile pertencen ao Cuerpo de Infantería de Marina, son a "Banda de Músicos da Escola Naval Arturo Prat" ,"Banda de Músicos da Escola de Grumetes Alejandro Navarette Cisterna", Banda de Músicos da Academia Politécnica Naval, Banda de Músicos da 1ZN,2ZN,3ZN,4ZN,5ZN, Banda de Músicos do Buque Escola Esmeralda.Rexidos so a dirección de Bandas da Armada, situado na Comandancia Xeral do Corpo de Infantería de Mariña
As tropas do CIM, cualificadas como forzas de elite, participan en misións internacionais para o mantemento da paz so o mandato das Nacións Unidas. O meirande continxente de infantes de mariña destinado a estas funcións, unha compañía, participa desde o 2004 do MINUSTAH en Haití.
Buque | Matrícula | Orixe | Tipo | Clase | En servizo | Nota |
---|---|---|---|---|---|---|
Sargento Aldea | LSDH-91 | Francia | - | Clase Froude | 1 | - |
Aquiles | AP-41 | Chile | - | - | 1 | - |
Rancagua | LST-92 | Chile | - | Clase Batral | 1 | - |
Chacabuco | LST-95 | Chile | - | Clase Batral | 1 | - |
Elicura | LSM-90 | Chile | - | Clase Elicura | 1 | - |
Orompello | LSM-94 | Estados Unidos | - | Clase Elicura | 1 | - |
Nome | Tipo | En servizo | orixe | Nota |
---|---|---|---|---|
Soltam M-71 | Obús tractado | 29 | Israel | |
KH-178 | Obús tractado | 16 | Corea do Sur | |
Batería Excalibur Exocet MM-38 | Batería de mísil antibuque | 4 | Francia | |
M252 | Morteiro | Estados Unidos | ||
Blowpipe | Sistema de defensa aérea portátil | Reino Unido | ||
Bofors 40 mm | Artillaría antiaérea | Suecia | ||
Oerlikon 20 mm | Artillaría antiaérea | Suíza |
Nome | Tipo | En servizo | orixe | Nota |
---|---|---|---|---|
AAV-7A1 | Vehículo anfibio | - | Estados Unidos | 12 Unidades.[5] |
Stryker | Vehículo de combate de infantaría | - | Estados Unidos | 10 Unidades. Versión M1128 cun canón de 105 mm.[6] |
Stryker | Transporte blindado de persoal | - | Estados Unidos | 30 Unidades. Versión M1126 de transporte. |