As Cortes do Estado de Arizona (en inglés, Arizona State Legislature) é a institución que ostenta o poder lexislativo no estado de Arizona, nos Estados Unidos. As súas competencias determínaas o artigo 4 da constitución de Arizona de 1910. A súa sede está no Complexo do Capitolio de Arizona, na capital do estado, Phoenix.
As Cortes do Estado de Arizona teñen unha estrutura bicameral:[1]
O territorio de Arizona está dividido en distritos, e correspondéndolles aos cidadáns de cada un deles escolleren un senador e dous representantes. Para poder ser escollido lexislador débese posuír a cidadanía estadounidense, ter, polo menos, 25 anos de idade, residir dende hai 3 no estado e morar polo menos dende o ano anterior ás eleccións no distrito polo que se concorre.[2] Existe un límite de mandatos: logo de 8 anos consecutivos como lexislador, deben pasar 2 antes de recuperar a condición de elixible para esa mesma cámara.
As Cortes do Estado de Arizona teñen capacidade de revogar o veto do gobernador a unha lei aprobada polas súas cámaras, para isto cómpre o voto favorable de tres quintos dos seus membros. Ademais, tamén poden convocar un referendo para a aprobación dunha lei, e nese caso o gobernador non ten potestade para vetar a decisión saída do plebiscito.