Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1862 Londres, Reino Unido |
Morte | 20 de abril de 1931 (68 anos) Kensington, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Cemitério de Brookwood (pt) |
Educación | Eton College |
Altura | 183 cm |
Peso | 80 kg |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1906 | Xogos Olímpicos de 1906 |
Outro | |
Título | Baronete (pt) |
Cónxuxe | Lucy Christina Duff Gordon (1900–1931), morte da persoa |
Pais | Cosmo Lewis Duff Gordon e Anna Maria Antrobus |
Parentes | Esme Wallace, fillastra |
Cronoloxía | |
14 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | afundimento do RMS Titanic |
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | viaxe de inauguración do RMS Titanic |
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912 | viaxe de inauguración do RMS Titanic |
Cosmo Edmund Duff Gordon, nado o 22 de xullo de 1862 e finado o 20 de abril de 1931, foi un aristócrata, terratenente e tirador de esgrima escocés, gañador dunha medalla olímpica pero sobre todo coñecido pola controversia sobre a súa conduta durante o afundimento do RMS Titanic.
Fillo de Cosmo Lewis Duff Gordon e de Anna Maria Antrobus[1]. Cosmo recibiu unha educación exclusiva en Eton, onde comezou a practicar a esgrima. En 1896, sucedeu a Maurice Duff Gordon como quinto baronnet de Halkin coas súas propiedades en Maryculter[2], o título fora concedido polo rei a un antepasado seu, James Duff, cónsul británico en Cádiz en 1813 en recoñecemento á axuda dada á Coroa durante a Guerra da Independencia española, onde a familia posuía desde 1772 unha adega de Xerez, que aínda existe a Duff Gordon Winery.
En 1900, Duff Gordon casou con Lucy Christiana Sutherland, de dubidosa reputación segundo os canons da época, era nai divorciada e a súa irmá Elinor Glyn era autora de novelas románticas que rebordaban erotismo [3][4]. Lucy era deseñadora de moda de éxito e ao casar Cosmo converteuse en director da súa casa de modas, « La Maison de Lucile » localizada en Londres.
En 1906, Duff Gordon formou parte do equipo de esgrima do Reino Unido nos Xogos Intercalados gañando unha medalla de prata na competición por equipos en espada[5]. En 1908 formou parte do comité de esgrima dos Xogos Olímpicos de Londres[6].
En abril 1912, a parella decide viaxar aos Estados Unidos facendo a travesía a bordo do Titanic, baixo o nome de Mr e Mrs Morgan, non se sabe a razón da non utilización dos seus nomes reais, pero podería ser problemas que Lucy tivera noutras ocasións coa alfándega americana [7]. Duff Gordon e a súa dona embarcaron acompañados pola secretaria dela no serán do 10 de abril de 1912 en Cherbourg tras primeiro coller o transbordador Nomadic para chegaren ao navío[8]. Cosmo ocupou a cabina A-16 e a súa dona a A-20[2]. O 14 de abril o Titanic colide cun iceberg comezando a afundir. A parella e a súa secretaria atópanse xunta os botes, no lado de babor, onde a tripulación estaba traballaba para abaixalos. Por invitación do primeiro oficial Murdoch, os tres embarcaron no bote salvavidas nº1 con dous americanos e sete fogueiros, e aínda que tiña unha capacidade para 40 persoas [9][10]. Tras ser rescatados parte para Nova York no Carpathia cos outros superviventes. Non obstante, a prensa anuncia a súa morte o 16 de abril[11], antes de retractarse da errónea nova[12].
Despois do naufraxio, Cosmo Duff Gordon testemuñou na comisión británica encargada de realizar a enquisa sobre o accidente dirixida por Lord Mersey, sobre as condicións do seu salvamento. A enquisa concluíu que non había nada que lle reprochar[13] Aínda así constatou tamén que se o bote fora cara á xente que estaba na auga no canto de afastarse, podería facilmente ser capaz de rescatar algunhas delas.[14]. Duff Gordon viu a súa reputación en interdito polo asunto, retirándose practicamente da vida pública, vivindo entre as súas posesións de Escocia e o O Cairo[15].
O xeito no que se salvou Duff Gordon creou polémica. O seu bote unha vez no mar con só doce viaxeiros, non procurou superviventes no lugar do naufraxio a pesar do oficial Murdoch ordenara ao seu responsable, George Symons, axudar a outros pasaxeiros[16]. De feito, durante a comisión de enquisa británica, un dos enquisadores tratou abertamente de covarde a Symons, o que levou ao presidente Lord Mersey a chamar á orde ao inquisidor, declarando : « Deixe tranquilo ese pobre home [17] ! » A bordo do bote, Hendrickson pediu axudar os viaxeiros que estaban nas xélidas augas, mais Lady Duff Gordon suxeriu que os superviventes poderían amorearse arredor do bote e afundilo, co que concordaron o resto dos navegantes[2].
No decurso da noite, Duff Gordon fai amizade cos seus compañeiros de infortunio, en especial cos sete fogueiros, ofrecéndolles tabaco[16] e conversando con eles. Lady Duff Gordon díxolle á súa secretaria, Mabel Francatelli : « Perdeuse o voso precioso camisón » ao ver arder o Titanic[18]. A conversa dirixiuse finalmente ao feito que os membros da tripulación perderan todo, xa que a White Star deixaba sen efecto os seus salarios a medianoite do 15 de abril, como era a norma en caso de accidente[19]. Para compensar esas perdas, Duff Gordon decidiu darlle a cada un cinco libras (o salario mensual dun fogueiro era de 6£), o que algúns medios viron como unha tentativa de suborno aos fogueiros para que non volveran ao lugar do naufraxio[20].
Unha vez a bordo do Carpathia, Duff Gordon e a súa dona fixéronse fotografar cos sete fogueiros rescatados con eles, o que contribuíu a aumentar as sospeitas sobre o seu salvamento[21].