Cotula coronopifolia | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Cotula coronopifolia' L. |
Cotula coronopifolia é unha especie da subfamilia Asteroideae. En Galicia está catalogada como especie invasora.[1]
Herba aplicada ao chan, forma raíces en diferentes partes dos talos. As follas son enteiras, brillantes e alongadas. Os capítulos sitúanse sobre longos pedúnculos; estes capítulos son amarelos con todas as flores tubulares.
Esta especie é orixinaria de África do sur e naturalizouse nas Baleares (Albúfera de Muro), Australia, Nova Zelandia, oeste dos Estados Unidos de América, América Central, Suramérica, e illas do Atlántico Sur. Vive nas marxes de charcas e canles, en lugares con chans moi húmidos. Florece no verán.
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en Baleares a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[2]
As cotuzinas A e B son pseudoalcaloides obtidos do extracto butanólico das partes aéreas (talos e follas) de Cotula coronopifolia[3]
Cotula coronopifolia foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 2: 892. 1753.[4]