Crangon

Crangon

Crangon crangon
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Superfamilia: Crangonoidea
Familia: Crangonidae
Xénero: Crangon
Fabricius, 1798
[non Weber, 1795]
Especie tipo
Cancer crangon
Linnaeus, 1758
Especies
  • Véxase o texto
Sinonimia
  • Crago Lamarck, 1801
  • Crangonus Rafinesque, 1815
  • Steiracrangon Kinahan, 1862

Crangon, do grego kránkōn, "camarón", "gamba", é un xénero de crustáceos malacostráceos, o tipo da familia dos crangónidos, que agrupa varias especies de decápodos da suborde dos dendrobranquiados, que se distinguen dos camaróns da outra suborde (a dos pleociemados, ou decápodos nadadores), entre outras cousas, por careceren do típico rostrum ou rostro característico dos "verdadeiros" camaróns, aínda que a xente non os distingue e tamén lles aplica este nome.

Distribución

[editar | editar a fonte]

As especies de Crangon encóntranse exclusivamente no hemisferio norte, achándose a maioría delas no norte do océano Pacífico.[1] C. septemspinosa é a única especies do xénero que se atopa no noroeste do Atlántico, mentres que no nordeste deste océano viven C. crangon e C. allmanni.[1] Coa excepción da importante especie comercial C. crangon, as especies de Crangon están pobremente distribuídas.[1] O feito de que no Pacífico vivan gran número de especies fai pensar que o xénero se orixinou neste océano.[1]

O xénero Crangon comprende as seguintes especies viventes:[2]

Ademais, coñécense dúas especies fósiles .[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Joana Campos, Cláudia Moreira, Fabiana Freitas & Henk W. van der Veer (2012). "Short review of the eco-geography of Crangon". Journal of Crustacean Biology 32 (2): 159–169. doi:10.1163/193724011X615569. 
  2. S. De Grave & C. H. J. M. Fransen (2011). "Carideorum Catalogus: the Recent species of the dendrobranchiate, stenopodidean, procarididean and caridean shrimps (Crustacea: Decapoda)". Zoologische Mededelingen 85 (9): 195–589, figs. 1–59. ISBN 978-90-6519-200-4. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2013. 
  3. Sammy De Grave, N. Dean Pentcheff, Shane T. Ahyong; et al. (2009). "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1–109. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 06 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]