Crista de galo miúda | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Serapias parviflora | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Serapias parviflora' Parl. (1837) |
A crista de galo miúda, Serapias parviflora,[1]é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae.
Talvez se trate dunha das especies de orquídeas máis frecuentes pero que menos chaman a atención. Ten unha espiga con poucas flores dirixidas cara arriba. Estas flores caracterízanse porque o labelo é pequeno e normalmente adoita estar pegado ao ovario, coma se estivese dirixido cara atrás. Ten formas de transición con Serapias lingua, especie coa que convive e probablemente se hibrida, esta última ten o labelo moito máis longo e dirixido cara abaixo. Florece na primavera, abril-maio.[2]
Vive en solos silíceos, en areais, matogueira alta, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz.
Serapias parviflora foi descrita por Filippo Parlatore e publicada en Giornale de Scienze, Letteratura ed Arti per la Sicilia 59: 66. 1837.[3]
Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos dedicábanse aos praceres da carne. O nome que Linné asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas atribúenselle efectos afrodisíacos.
parviflora: epíteto latino que significa "con flores pequenas".[4]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serapias de flor pequeña (Serapias parviflora) |