(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1977 (47 anos) Pamplona, España |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión |
Período de actividade | 2006 - |
Empregador | Cadena SER COPE |
Sitio web | e-lena.es… |
Cristina Pardo Virto, nada en Pamplona o 5 de xullo de 1977, é unha xornalista e presentadora navarra. Cobre a información para La Sexta Noticias, presenta Al rojo vivo en ausencia de Antonio García Ferreras e ten o seu propio programa esporádico: Malas compañías.
O seu interese polo xornalismo comeza cando era pequena e escoitaba o programa de José María García xunto ao seu pai e irmáns. Nun primeiro momento quería ser xornalista deportiva. Estudou xornalismo na Universidade de Navarra.[1]
Empezou traballando con Antonio Herrero nos micrófonos da Cadena COPE no programa La Mañana. Máis tarde, e na mesma cadea, traballou con Luis Herrero e con Federico Jiménez Losantos.
Durante os seus anos na facultade fixo unha entrevista para facer prácticas con Antonio García Ferreras e, aínda que finalmente comezou a traballar na COPE, non perderon o contacto. Así, en 2006 abandona a radio e comeza a formar parte do equipo de La Sexta Noticias para a sección de política e, en concreto, desde 2008 cubrindo a información do PP.
Fixo monólogos nas ceas da Asociación de Periodistas Parlamentarios nos anos 2012, 2013 e 2014.
Durante as vacacións de Semana Santa de 2013 chegoulle a oportunidade de estrearse como presentadora do programa de televisión Al rojo vivo substituíndo a Antonio García Ferreras. Desde entón é a encargada de presentalo cando este se ausenta.[2] Antonio García Ferreras era seguidor de José Mourinho na súa etapa como adestrador do Real Madrid e, ao considerarse a segunda de Ferreras en Al rojo vivo, comezou a usar o alcume "Karanka" en Twitter para anunciar as súas aparicións substituíndoo.
Colabora habitualmente no programa La Sexta Noche desde 2013 na sección de entrevistas a persoas relevantes do panorama político.
O 3 de abril de 2014 publica o seu primeiro libro, Los años que vivimos PPeligrosamente, sobre as relacións do Partido Popular coa prensa.[3]
Desde o 14 de xuño de 2014 participa os sábados no programa de radio A vivir que son dos días, da Cadena SER, coa sección Dicionario de conceptos políticos.[4] O 15 de setembro de 2014 estrea a sección Líandola Pardo en Al rojo vivo, sección de carácter irónico sobre temas de actualidade política, que se emite cando Antonio García Ferreras conduce o programa e que non ten periodicidade fixa.[5]
Durante a primeira semana do mes de outubro de 2014 forma parte do equipo que se despraza á Fundación Vicente Ferrer en Anantapur (India), con motivo do programa especial que fai Àngels Barceló en Hora 25, da Cadena SER, sobre a situación das mulleres neste país.
En abril de 2017 presentou o programa "Malas compañías" na Sexta.[6] Tras o éxito que obtivo, regresou en novembro do mesmo ano con novos programas.[7]
O 1 de xullo de 2017 retransmitiu a manifestación e o desfile do WorldPride Madrid 2017 xunto a Iñaki López en LaSexta.
En outubro de 2017 participou nun episodio da ficción La casa de papel, de Antena 3, onde se interpretou a si mesma.[8]
Presentou por primeira vez as badaladas de Fin de Ano de 2017 xunto a Iñaki López en LaSexta.[9]
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2013 | Mellor reporteira | Nomeada[10] |