O cronut (neoloxismo que provén dos termos croissant e donut) é un bólo híbrido entre un croissant e un donut. Foi inventado polo chef francés Dominique Ansel en 2013[1] e patentado por el mesmo na súa panadería de Nova York.[2][3][4] Este pastel é o resultado de fritir a masa laminada do croissant nunha tixola con aceite, ao xeito que se fai cos donuts. Unha vez fritido, o cronut é cuberto con azucre glass, enchido co ingrediente correspondente, e finalmente glaseado.[5]
En decembro de 2013, a revista Time nomeou o cronut coma unha das 25 mellores creacións do 2013.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cronut |