Cuartos de dólar Mulleres Americanas [1] |
---|
Retrato de perfil George Washington cara á dereita. Marcas de gravador (LGF) e de ceca. Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST |
|
Os cuartos de dólar Mulleres Americanas (en inglés American Women quarters) son unha serie de moedas con valor facial dun cuarto de dólar ou 25 centavos, emitidas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos a partir de 2022.
Este programa da US Mint está dedicado a mulleres senlleiras na historia dos Estados Unidos, en conmemoración do centenario da décimo novena emenda da Constitución dese país.[2]
O programa prevé a emisión de cinco moedas anualmente entre 2022 e 2025, cun total de 20 deseños, cada un dos cales estará dedicado a unha muller, á que se lle dedicará o reverso, en homenaxe ás súas contribucións aos Estados Unidos, en aspectos como o sufraxio, os dereitos civís, a abolición da escravitude, as humanidades, a ciencia ou as artes.[3] Pola súa banda, o reverso continúa representando un busto de George Washington, mais nesta ocasión cun novo deseño, creado por Laura Gardin Fraser.[4][5]
A serie de cuartos de dólar Mulleres Americanas foi autorizada pola Lei de Redeseño de Moedas Circulantes de Colección de 2020,[3] promovida polos membros da Cámara de Representantes Barbara Lee e Anthony Gonzalez.[6][7] A proposta inicial consistiu en 56 moedas, cada unha delas dedicada a unha muller dun estado e doutros territorios,[8] mais esta idea modificouse para acurtala no tempo, ante a pretensión de lanzar en 2026 unha serie de moedas en conmemoración do 250 aniversario dos Estados Unidos. Ademais, unha das cinco moedas desta nova serie terá tamén como protagonista a figura dunha muller.[2]
O programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas sucede a anterior serie de cuartos de dólar America the Beautiful,[9] e será substituído no período 2027-2030 por outro dedicado aos deportes xuvenís.[3][7]
O retrato de George Washington creado por Laura Gardin Fraser, que fora presentado orixinariamente en 1931 como proposta para o anverso do cuarto de dólar Washington, foi o seleccionado pola Comisión de Belas Artes e polo Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos para aparecer nos anversos do programa de cuartos de dólar Mulleres Americanas.[5][10] Este retrato xa fora utilizado en 1999 para a moeda de ouro de 5 dólares conmemorativa do 200º aniversario da morte de George Washington.[11][12]
O secretario do Tesouro dos Estados Unidos é o encargado da selección das mulleres estadounidenses homenaxeadas anualmente neste programa, en consulta con diferentes entidades, como son a Iniciativa de Historia das Mulleres Americanas —do Instituto Smithsoniano—, o Museo Nacional de Historia das Mulleres e o Grupo do Congreso para Asuntos da Muller.[5][13]
Ano | Deseño do reverso | Muller | Descrición | Lanzamento | Deseño / gravado | Tiraxes das moedas circulantes | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Denver | Filadelfia | Total | ||||||
2022 | Maya Angelou. [14][15] |
Angelou cos brazos en alto, cun paxaro en voo e un Sol nacente detrás. | 03/01/2022 | E. Damstra / C. Campbell | 258.200.000 | 237.600.000 | 495.800.000 | |
Sally Ride. [16][17] |
Ride nunha ventá dun transbordador espacial, coa Terra ao fondo. | 22/03/2022 | E. Hagler / P. Hemphill | 278.000.000 | 275.200.000 | 553.200.000 | ||
Wilma Mankiller. [18][19] |
Maniker cun chal tradicional. Á esquerda, estrela cherokee. | 026/06/2022 | B. Sowars / P. Hemphill | 296.800.000 | 310.000.000 | 606.800.000 | ||
Nina Otero-Warren. [20][21] |
Otero-Warren con tres flores de mandioca, a flor estatal de Novo México. | 15/08/2022 | C. Costello / C. Campbell | 219.200.000 | 225.000.000 | — | ||
Anna May Wong. [22][23] |
Retrato en primeiro plano coa cabeza apoiada na man, rodeada de luces brillantes. | 25/10/2022 | J. P. McGraw / E. Damstra | 240.800.000 | 226.800.000 | — | ||
2023 | Bessie Coleman. [24] |
Coleman disposta para voar. | 03/01/2023 | C. Costello / E. D. Custer | 317.200.000 | 302.000.000 | — | |
Edith Kanakaʻole. [25] |
Edith Kanakaʻole con elementos da paisaxe hawaiana. | 27/03/2023 | E. Damstra / R. Gordon | 368.600.000 | 372.800.000 | — | ||
Eleanor Roosevelt. [26] |
E. Roosevelr e a balanza da xustiza, co globo terráqueo ao fondo. | 05/06/2023 | D. Eveerhart / C. Campbell | 271.800.000 | 284.000.000 | — | ||
Jovita Idar. [27] |
Retrato de Jovita Idar. Na súa roupa, inscricións relativas á súa traxectoria. | 14/08/2023 | J. P. McGraw | 184.800.000 | 190.600.000 | — | ||
Maria Tallchief. [28] |
Tallchief nunha pose de ballet, iluminada por un foco. | 23/10/2023 | D. Weaver / J. Licaretz | 184.800.000 | 185.800.000 | — | ||
2024 | Pauli Murray. [29] |
Retrato de Murray dentro da palabra HOPE ("Esperanza"). | 01/02/2024 | J. Menna / E. Damstra | 185.500.000 | 168.400.000 | — | |
Patsy Mink. [30] |
Mink fronte ao Capitolio cunha lei na man. | 25/03/2024 | J. P. McGraw / B. Zaiken | 187.200.000 | 210.200.000 | — | ||
Mary Edwards Walker. [31] |
Edwards coa súa Medalla de Honra. | 03/06/2024 | P. Hemphill | — | — | — | ||
Celia Cruz. [32] |
Celia cruz cun micrófono e o seu característico AZÚCAR!. | 19/08/2024 | P. Hemphill | — | — | — | ||
Zitkala-Ša. [33] |
Zitkala-Ša co traxe tradicional Dakota. | — | R. Gordon / D. Everhart | — | — | — |
As mulleres estadounidenses que serán homenaxeadas en 2025 pola Us Mint dentro deste programa conmemorativo son Ida B. Wells, Juliette Gordon Low, Vera Rubin, Stacey Milbern e Althea Gibson.[34]
Predecesor: Cuartos de dólar America the Beautiful |
Cuarto de dólar estadounidense Desde 2022 |
Sucesor: En uso |