Cuchuco | |
Cuchuco de trigo en Sogamoso. | |
Orixe | Colombia |
Ingredientes | |
Animal | Carne de porco |
Vexetal | Chícharo Cenoria Pataca picada Allo Cebola |
Condimentos | Coandro Guascas Loureiro |
Cuchuco é un alimento que consiste en millo, orxo ou trigo en gran pelado e tronzado ou semimoído, que se usa para facer sopas en Colombia, especialmente no altiplano dos departamentos de Boyacá e Cundinamarca.[1]
Por extensión é tamén o nome da sopa preparada co gran: cuchuco de millo ou cuchuco de trigo e cuchuco de orxo.
A palabra é un americanismo de orixe indíxena muisca.[2][3]
Pedro José Ramírez Sendoya propón que o termo provén de Kuchuchu,- Raíz comestible (Ts, 175). Kuchuku,- rebanar, cortar (Ts, 130) ou do Kulino : Cuchuco - Millo., ou do matsés Schuki - millo.[4]
Orixinalmente era un alimento popular pois era o remanente da moenda dos cereais para elaborar as fariñas que eran consumidas polas clases sociais con maiores recursos.
Cocíñase para facer unha sopa mesta, usualmente con carne de porco, chícharos, cenoria, pataca picada e adobos como allo, cebola e coandro, guascas ou loureiro.