Cupido alcetas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cópula de Cupido alcetas | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Cupido alcetas' (Hoffmannsegg, 1804) | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A Cupido alcetas é unha especie de bolboreta da familia Lycaenidae.[1]
O nome específico alcetas refírese a Ἄλκηστις (Alcestis), princesa da mitoloxía grega, filla de Pelias, rei de Iolco.
Foi descrita en Austria por Johann Centurius Hoffmannsegg en 1804, pero a súa distribución é máis ampla, xa que habita zonas do sur de Europa, Turquía, Urais e sur de Siberia até Kazakhstán.[2][3][4][5] En España, pode atoparse en Cataluña, Aragón, Navarra, Galicia e León.[1]
A Cupido alcetas vive en pastos floridos, zonas de matogueira e áreas húmidas, e en claros de bosque, nun rango de altitude entre os 50 e os 1200 m.[5]
Cupido alcetas presenta unha envergadura de 26-32 mm. O anverso das ás é azul ou añil nos machos, pero pardo nas femias, como sucede con outros licénidos. O bordo alar é negro cunha franxa branca. O reverso das ás é dun gris pálido, cunha serie de puntos negros rodeados de azul claro. En ocasións hai unha única mancha laranxa que non alcanza o punto negro marxinal. Xunto ao ángulo caudal frecuentemente hai unha cola moi pequena e estreita.[5] É similar a especies como Everes argiades e Celastrina argiolus.[5][6][7]
Os adultos voan entre maio e setembro.[6] Dependendo da súa localización, a especie pode xerar dúas ou tres xeracións anuais (en maio–xuño, xullo–agosto e en rexións cálidas tamén a finais de setembro).[2][3][5][8] As larvas aliméntanse de follas e inflorescencias de varias leguminosas, como Coronilla varia, Galega officinalis, Trifolium spp., Vicia spp., Medicago lupulina e Securigera varia.[2][2][3][2][2][8] As larvas son mirmecófilas e desenvólvense xunto a formigas do xénero Formica.[2]