Cyclone Global Navigation Satellite System

Un satélite CYGNSS.

Cyclone Global Navigation Satellite System ou CYGNSS é unha serie de oito satélites da NASA adicados ao estudo das tormentas e ciclóns.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os oito satélites CYGNSS foron construídos por Southwest Research Institute e lanzáronse xuntos o 15 de decembro de 2016 a bordo dun foguete Pegasus XL. Cada satélite ten unha masa de 18 kg e dous paneis solares. Foron lanzados a unha órbita de 514 x 536 km e 34,96 graos de inclinación orbital.[1][2]

A misión dos satélites CYGNSS é estudar a interacción entre a atmosfera e os océanos durante a formación de tormentas e ciclóns para determinar como se retroalimentan e xeneran. Para iso os satélites levan a bordo receptores GPS de alta precisión para detectar sinais tanto directas como indirectas de GPS: as directas permiten determinar a posición exacta de cada satélite mentres que as indirectas son sinais que se reflicten desde a superficie oceánica en función da súa axitación e das que se pode extrapolar a velocidade do vento.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2023). "CYGNSS" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "CYGNSS A, B, C, D, E, F, G, H" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]