Cynan Garwyn

Modelo:BiografíaCynan Garwyn
Nome orixinal(cy) Cynan ap Brochwel Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 545 Editar o valor en Wikidata
Gales, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mortec. 613 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosBeuno, Cyndrwyn Fawr, Selyf ap Cynan, Eiludd Powys Editar o valor en Wikidata
PaiBrochwel Ysgithrog Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Ap_Brochwel-11

Cynan Garwyn foi un rei de Powys de finais do século VI ou principios do VII. Pouco máis se sabe del, e nada con certeza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu nome aparece en poemas e manuscritos escritos douscentos anos despois da súa morte.

Crese que era o fillo máis vello de Brochwel Ysgithrog e pai de Selyf Sarffgadau, ou Selyf ap Cynan, que morreu na batalla de Chester (sobre 613 ou 615). Sen dúbida reinou entre os dous. Tamén esta escrito que morreu nesa batalla xunto co seu fillo, pero non hai proba ningunha diso, e se cadra estas historias naceron máis do desexo por glorificar unha liñaxe e por construír unha lenda que por transmitir a verdade.

Segundo algúns documentos teríase casado con Gwenwynwyn, unha princesa do Vello Norte (Yr Hen Ogledd).

Daquela non existía aínda Mercia, nin o Dique de Offa, e Powys estendíase ata o medio da illa, ata o territorio que viría a ser as marcas galesas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ifor Williams (ed.), Canu Taliesin (Caerdydd, 1960). Tud. xvii-xxiii.
  • Kari Maund (2000) The Welsh Kings: The Medieval Rulers of Wales (Tempus)
  • John Edward Lloyd (1911) A history of Wales from the earliest times to the Edwardian conquest (Longmans, Green & Co.)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]