Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1155 (Gregoriano) |
Morte | 1195 (Gregoriano) (39/40 anos) |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Período de actividade | (Con vida en: 1155 (Gregoriano) ) |
Cynddelw Brydydd Mawr (fl. ca. 1155-1200) (en galego "Cynddelw o gran poeta") foi un dos poetas galeses máis importantes do século XII.
Cynddelw comezou a súa carreira como poeta da corte de Madog ap Maredudd[1], príncipe de Powys, e entre os seus primeiros poemas aparece unha elexía (marwnad) dedicada a el tras a súa morte en 1160: Compuxo poemas para algúns dos últimos gobernantes de Powys, agora dividido en dúas partes, como Owain Cyfeiliog e Gwenwynwyn. Porén tamén compuxo poemas dirixidos aos gobernantes de Gwynedd e Deheubarth, especialmente poemas dedicados a Owain Gwynedd e o seu fillo Hywel ab Owain Gwynedd e posteriormente a Rhys ap Gruffudd de Deheubarth e ao xove Llywelyn o Grande. Tamén fixo un eloxio para o seu propio fillo, Dygynnelw, que morreu en combate. Dá unha imaxe vívida das secuelas dunha batalla nun dos seus poemas:
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Cynddelw Brydydd Mawr |