Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Colombia | |||
Departamentos | Norte de Santander | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 605,94 km² | |||
Altitude | 2.025 m | |||
Creación | 1811 | |||
Páxina web | cachira-nortedesantander.gov.co |
Cáchira é un concello colombiano, que se localiza no departamento de Norte de Santander. Ten unha superficie de 605,94 km²[1] e 10 970 habitantes (2015).[2] Situado a 2.025 m sobre o nivel do mar, limita ao norte cos municipios de Abrego e Villa Caro, no sur co departamento de Santander, ao leste con Salazar e Arboledas e ao oeste con La Esperanza. O concello divídese en 2 correxementos e 58 vereas.
O nome procede supostamente dunha india chamada Cachara, que á chegada dos españois casou cun dos conquistadores. A cidade non se fundou oficialmente ata 1811 e recoñeceuse como municipio en 1897.