As células xustaglomerulares, tamén chamadas células granulares do ril, son un tipo de células especializadas que se atopan nos riles. Teñen a función de sintetizar, almacenar e secretar renina. A renina é un encima que forma parte do sistema renina-anxiotensina-aldosterona e exerce importantes funcións na regulación da presión arterial, o volume extracelular e a concentración de sodio e potasio no sangue. As células xustaglomerulares, xunto coa mácula densa forman a estrutura denominada aparato xustaglomerular.
[1]
O tumor de células xustaglomerulares, tamén chamado reninoma, é un raro tipo de tumor renal que se caracteriza pola produción de elevadas cantidades de renina, polo que provoca hipertensión arterial. [3]
↑Tumor de células yuxtaglomerulares como causa de hipertensión curable: presentación de un caso. Nefrologia (Madr.) 2015;35:110-4 | doi: 10.3265/Nefrologia.pre2014.Sep.12623. Consultado o 31 de agosto de 2018.