Da chven vitsek'vet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | და ჩვენ ვიცეკვეთ |
Director | Levan Akin |
Produtor |
|
Guión | Levan Akin |
Intérpretes |
|
Música | Ben Wheeler Zviad Mgebry |
Fotografía | Lisabi Fridell |
Montaxe |
|
Estrea | 16 de maio de 2019 (Festival Internacional de Cinema de Cannes) 13 de setembro de 2019 (Suecia) 6 de novembro de 2019 (Francia) |
Duración | 105 minutos |
Orixe | |
Xénero | Drama |
Recadación | 580 075 $[2][3] |
Na rede | |
https://www.musicboxfilms.com/film/and-then-we-danced/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Da chven vitsek'vet (en xeorxiano: და ჩვენ ვიცეკვეთ) é un filme dramático xeorxiano de 2019 dirixido por Levan Akin. Estreouse na sección da Quincena de Realizadores no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019,[4][5] onde recibiu unha ovación de quince minutos.[6] Foi unha das películas con máis críticas favorables de Cannes ese ano.[7] Foi seleccionada como a candidatura sueca a mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar, pero non foi elixida.[8][9] A proxección da película en Xeorxia provocou protestas, debido á súa representación dunha relación amorosa homosexual.[10]
Merab leva ensaiando dende moi novo na Compañía Nacional de Danza de Xeorxia coa súa compañeira de baile, Mary. De súpeto, a súa vida bótase patas arriba cando aparece o despreocupado e carismático Irakli que se converte no seu maior rival, pero tamén no seu maior obxecto de desexo. Nun ambiente conservador, Merab enfróntase á necesidade de liberarse e arriscalo todo.[11]