Dagon, a seita do mar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Dagon |
Director | Stuart Gordon |
Produtor | Carlos Fernández Julio Fernández Miguel Torrente Brian Yuzna |
Guión | Dennis Paoli |
Baseado en | The Shadow Over Innsmouth, de H. P. Lovecraft |
Intérpretes | Ezra Godden Francisco Rabal Raquel Meroño |
Música | Carles Cases |
Montaxe | Jaume Vilalta |
Distribuidora | Filmax International Lions Gate Entertainment |
Estrea | 12 de outubro de 2001 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Terror |
Orzamento | $4 200 000 |
Na rede | |
Dagon, a seita do mar (en inglés: Dagon) é un filme dirixido por Stuart Gordon en 2001 baseado nunha historia de H. P. Lovecraft. Foi rodada en Combarro e estreada no Festival de Sitges.
Dagon, a seita do mar estreouse o 12 de outubro de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión dobrada en galego.[1]
Paul e a moza Barbara están celebrando cunha viaxe en barco o éxito da súa nova empresa co seu socio Howard, e a esposa deste, Vicki. Tras chocar o barco, Vicki queda atrapada nos restos e Paul e Barbara deciden ir á vila máis próxima para buscar axuda. Este lugar, chamado Imboca, parece deserto ata que aparecen algúns estraños habitantes cos que volven ao barco. Cando chega na el Howard e Vicki desapareceron e logo Barbara é secuestrada. Fuxindo dos habitantes de Imboca, Paul descobre o segredo: son adoradores de Dagon, un demo mariño.