O daifuku (大福,?, literalmente ‘gran sorte’) ou daifukumochi (大福餅?) é un wagashi (doce xaponés) consistente nun pequeno mochi (pastel de arroz glutinoso) cun recheo doce, comunmente anko, pasta adozada de feixóns vermellos azuki.
Elabóranse moitas variedades de daifuku. O máis común é un mochi branco, verde claro ou rosa claro recheo con anko, que adoita vir en dous tamaños, un pequeno e outro do tamaño da palma da man. Algunhas variedades conteñen pezas de froita enteira (as máis das veces amorodos), mesturas de froita e anko ou pasta de melón esmagado. Case todos os daifuku recóbrense cunha fina camada de amidón de millo ou taro para evitar que se peguen entre si, ou aos dedos. Algúns recóbrense con azucre glas ou cacao.[Cómpre referencia] Aínda que o mochitsuki é o método tradicional de elaborar mochi e daifuku, tamén poden facerse no microondas.[1]
O daifuku foi chamado orixinalmente harabuto mochi (腹太餅,?, ‘pastel de arroz ventre groso’) por ir recheo. Máis tarde o nome cambiou a daifuku mochi (大腹餅,?, ‘pastel de arroz ventre grande’). Debido a que fuku (腹?) (‘ventre’) e fuku (福?) (‘sorte’) se pronuncian igual en xaponés, o nome cambiou máis adelante a daifuku mochi (大福餅,?, ‘pastel de arroz gran sorte’), propiciatorio da boa sorte. Para finais do século XVIII, o daifuku estaba gañando popularidade e a xente empezou a consumilo torrado. Tamén se usaban coma agasallo en ocasións cerimoniosas.[2]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daifuku |