Dallas Texans | |
---|---|
Fundación | 1945 |
Cidade | Dallas, Texas Estados Unidos |
Estadio | Dallas Ice Arena |
Liga | United States Hockey League (USHL) |
División | Southern |
Os Dallas Texans foron un equipo profesional do hóckey sobre xeo da cidade de Dallas, Texas (Estados Unidos). A franquía foi fundada en 1945 e competiu na United States Hockey League (USHL) dende a súa creación ata 1949. Xogaron os seus partidos como local no Dallas Ice Arena.
Durante a súa última tempada de existencia estiveron afiliados os Montreal Canadiens da National Hockey League (NHL).
Nas catro tempadas que os Texans competiron na USHL conseguiron uns resultados discretos, clasificándose tan só en dúas ocasións para os play-offs, sendo a súa mellor participación nas series finais a da súa última tempada, a 1948-49, cando o equipo chegou á segunda rolda, caendo fronte aos Tulsa Oilers en cinco partidos (4-1).[1]
Tempada | Partidos | V | D | E | Pts | GF | GC | Clasificación |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1945–46 | 56 | 21 | 32 | 3 | 45 | 218 | 267 | 6º[2] |
1946–47 | 60 | 27 | 18 | 15 | 69 | 232 | 218 | 1º, Southern[3] |
1947–48 | 66 | 21 | 39 | 6 | 48 | 208 | 276 | 4º, Southern[4] |
1948–49 | 66 | 24 | 27 | 15 | 63 | 246 | 251 | 2º, Southern[5] |
Tempada | 1ª rolda | 2ª rolda | Finais |
---|---|---|---|
1945–46 | Non clasificado | ||
1946–47 | 4-2 Omaha Knights[6] | ||
1947–48 | Non clasificado | ||
1948–49 | 2-0 Fort Worth Rangers | 4-1 Tulsa Oilers[1] |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |