(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1944 Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Morte | 23 de novembro de 2015 (71 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de ril |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista, dramaturgo |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pais | John Fante e Joyce Fante |
Dan Fante, nado nos Ánxeles (California) o 19 de febreiro de 1944 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 2015[1][2], foi un escritor estadounidense, fillo do tamén escritor John Fante.
Dan Fante foi ao insitituto en Santa Monica, e despois traballou en Nova York de vendedor ambulante, chofer de limusinas, taxista, limpacoches, comercial, detective privado e vixía nocturno nun hotel. Logo levou unha vida máis estable e decidiuse a escribir, sendo publicado en Francia grazas á cantante April March. Despois de vivir varios anos en Sedona (Arizona), Dan Fante regresou aos Ánxeles coa súa familia.
Amais do seu pai e Charles Bukowski, o seu principal modelo literario foi Hubert Selby, Jr.
Chump Change (publicada orixinalmente en Francia e despois editada nos EUA por Sun Dog Press), Mooch, Spitting Off Tall Buildings e 86'd compoñen unha tetraloxía autobiográfica protagonizada polo seu alter ego Bruno Dante. Short Dog é unha colección de relatos baseada na súa experiencia como taxista nos Ánxeles. Escribiu tamén dúas obras de teatro, The Closer / The Boiler Room e Don Giovanni, amais dos libros de poemas A Gin-Pissing-Raw-Meat-Dual-Carburetor-V8-Son-Of-A-Bitch From Los Angeles e Kissed by a Fat Waitress.