(2011) | |
Nome orixinal | (sv) Daniel Georg Ek |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1983 (41 anos) Vantörs parish, Suecia (en) |
Residencia | Rågsved (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Servizo en liña, tecnoloxías da información, industria musical e indústria da internet (pt) |
Ocupación | emprendedor, xerente, informático teórico |
Participou en | |
23 de xaneiro de 2013 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Daniel Georg Ek, nado en Estocolmo o 21 de febreiro de 1983, é un empresario sueco do sector da tecnoloxía da información, coñecido por ser o cofundador de Spotify.
Ek medrou no distrito de Rågsved na capital sueca, e xa na súa mocidade creou webs para empresas e servizos de almacenamento web [1] Pasou pol IT-Gymnasiet de Sundbyberg en 2002 e estudou dous meses enxeñería no Real Instituto de Tecnoloxía antes de deixar a carreira e dedicarse á tecnoloxía da información. Traballou en varias empresas web como Tradera, Jajja Communications AB, Stardoll e µTorrent e creou a súa propia compañía Advertigo, dedicada á publicidade web e que vendeu a TradeDoubler en 2006 por varios millóns.
Inspirándose en Napster, servizo de intercambio de arquivos de música, empezou a pensar nunha posible nova solución para a reprodución de música en streaming que fose plenamente legal. Xunto co presidente de TradeDouble, Martin Lorentzon comezou en 2006 a desenvolver un novo sistema que recibiu o nome de Spotify. Xa desde o comezo a idea era contar coas grandes discográficas, e logo de longas negociacións o servizo púxose en marcha en Suecia e mais nalgúns países de Europa en 2008, ampliándose para Norteamérica en 2011.