(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1987 (37 anos) Las Vegas, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade do Novo México Leader's Academy High School for Business and Academic Success (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 95 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Darington Hobson, nado o 29 de setembro de 1987 en Las Vegas, Nevada, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,01 metros pode xogar nas posicións de escolta e ala.
Hobson asistiu ao Instituto Western durante o seu ano freshman (primeiro), antes de trasladarse ao Instituto Alief Hastings en Houston, Texas. Ao quince anos cambiouse á Gulf Shores Academy, onde recibiu o alcume de "Butta". Hobson continuou mudandose, esta vez até California, onde asistiu ao seu cuarto instituto, o Calvary Baptist Christian. Por último, marchou ao Decatur Christian en Illinois, onde fixo de media 19 puntos, 12 rebotes e 7 asistencias por partido.
Hobson xogou ao baloncesto durante dous anos no College of Eastern Utah da National Junior College Athletic Association. O primeiro ano fixo medias de 18,4 puntos e 8,3 rebotes e liderou ao equipo a un balance de 17-15. Foi incluído no terceiro equipo do All-American da NJCAA. Na súa segunda campaña asinou 15,2 puntos e 8,7 rebotes, e a súa mellor actuación realizouna ante Western Wyoming con 35 puntos.
Unha vez finalizada a súa segunda tempada no CEU, Hobson foi trasladado á Universidade de New Mexico. Hobson non decepcionou, converténdose no primeiro xogador en liderar aos Lobos en puntos (15,9), rebotes (9,3) e asistencias (4,6) durante unha tempada. Foi nomeado mellor xogador e mellor novato da Mountain West Conference, sendo o único xogador na historia en lograr ambos os recoñecementos no mesmo ano. Tamén foi incluído no mellor quinteto da conferencia e entre os 26 finalistas para o Premio John R. Wooden. O 29 de marzo de 2010, Hobson foi seleccionado no terceiro equipo do All-American por Associated Press, o primeiro lobo en conseguilo desde Danny Granger en 2005.
Hobson foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Milwaukee Bucks. O 29 de decembro de 2011 foi asignado aos Fort Wayne Mad Ants da NBA Development League.