Biografía | |
---|---|
Nacemento | xuño de 1945 (79 anos) Inglaterra, Reino Unido |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | tradutor, biógrafo |
Empregador | Universidade de Princeton |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Alex Bellos |
Premios | |
| |
David Bellos é un tradutor e biógrafo inglés.
Dá clases de literatura francesa e literatura comparada na Universidade de Princeton[1]. Nesa mesma universidade dirixe o programa universitario de Tradución e Comunicación Intercultural.
Traduciu obras de Honoré de Balzac, Georges Ifrah, Hélène Berr, Romain Gary, Fred Vargas e Georges Perec, incluída a súa novela La Vie mode d'emploi. Malia non falar lingua albanesa, gañou o primeiro Premio Internacional Man Booker de tradución en 2005 pola súa versión das obras do autor albanés Ismail Kadare, feita a partir das edicións previas francesas[2].
Bellos escribiu varias biografías literarias e unha introdución aos estudos da tradución, Is That a Fish in Your Ear? Translation and The Meaning of Everything (2011)[3].
Aparece no filme The Magnificent Tati, un documental sobre o director Jacques Tati[4].