Decúbito é un termo médico que fai referencia á posición corporal no que o paciente fica deitado. Deriva da palabra latinadecumbere (deitarse, xacer). Dentro da posición de decúbito, existen variacións en función da posición específica.
Decúbito supino: o individuo atópase deitado coa boca cara enriba, isto é, o peso do corpo recae sobre a rexión dorsal. Tamén pode denominarse decúbito dorsal.
Decúbito prono: o individuo atópase deitado coa boca cara a abaixo, isto é, o peso do corpo recae sobre a rexión ventral.
Decúbito lateral: o individuo atópase deitado lateralmente, de xeito que o peso do corpo recae sobre os ombros e o cadrís. Dentro desta categoría distinguimos entre:
Decúbito lateral dereito.
Decúbito lateral esquerdo.
Posición lateral de seguridade, empregado como medida de seguridade ante pacientes inconscientes ou con baixo nivel de consciencia.