Declinación do latín

Fito atopado a carón de Salerno que describe os centros atravesados pola Vía Apia (Capua-Rhegium)

A declinación do latín é o conxunto de formas en que se declinan os substantivos, adxectivos, pronomes e outras categorías de palabras na lingua latina. En latín, a declinación dunha palabra serve para indicar a función e o número gramatical. Hai cinco declinacións, que están numeradas e agrupadas segundo a terminación e o seu xénero gramatical. Os diferentes casos exprésanse por medio dun sufixo (ou morfema gramatical) incluído ó remate de da palabra. A flexión das palabras dentro dunha mesma declinación varía segundo o seu xénero gramatical: masculino, feminino ou neutro.

Cada un dos seis casos[1] ten unha función principal e unha serie de funcións secundarias, que poden ter unha semellanza gramatical coa función principal ou non. Este sistema de casos do latín influíu na gramática das linguas románicas (as linguas que descenden do latín). Algunhas, coma o romanés, aínda conservan un sistema de casos hoxe en día, mentres que outras, coma o catalán, só conservan algúns vestixios.

As declinacións

[editar | editar a fonte]

En latín existen cinco declinacións, posto que dependendo da vogal temática existen distintos morfemas flexivos para un mesmo caso. As distintas declinacións agrupáronse segundo a vogal temática do nome xa en época romana do seguinte xeito:

  • Primeira declinación: vogal temática -a, xenitivo en -ae.
  • Segunda declinación: vogal temática -o, xenitivo en -i.
  • Terceira declinación: tema en consoante ou -i, xenitivo en -is.
  • Cuarta declinación: vogal temática -u, xenitivo en -us.
  • Quinta declinación: vogal temática -e, xenitivo en -ei

Os casos da declinación

[editar | editar a fonte]

Cada declinación presenta sete casos con variantes morfolóxicas distintas para cada un segundo o seu número (singular ou plural) e o seu xénero (masculino,feminino ou neutro). Dende un punto de vista sincrónico pódese producir un fenómeno de amálgama (que diferentes casos presenten o mesmo morfema flexivo). Os casos en latín son:

Os morfemas flexivos das declinacións

[editar | editar a fonte]

Os morfemas flexivos de cada caso engádense a raíz da palabra por sufixación. Segundo os casos, o xénero e o número estes son os morfemas flexivos:

Primeira declinación

[editar | editar a fonte]
Caso Singular Plural
Nominativo -a -ae
Vocativo -a -ae
Acusativo -am -as
Xenitivo -ae -arum
Dativo -ae -is
Ablativo -a -is
Locativo -ae Non hai

Segunda declinación

[editar | editar a fonte]
Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo -us -um -i -a
Vocativo -e -um -i -a
Acusativo -um -um -os -a
Xenitivo -i -i -orum -orum
Dativo -o -o -is -is
Ablativo -o -o -is -is
Locativo -i -i non hai non hai

Terceira declinación

[editar | editar a fonte]

A terceira declinación presenta variacións segundo a palabra sexa parisílaba (temas en consoante) ou imparisílaba (temas en -i). Esta nomenclatura débese a que as palabras chamadas imparisílabas teñen distinto número de sílabas no nominativo que no xenitivo, as parisílabas o mesmo.

Declinación imparisílaba

[editar | editar a fonte]

¨As palabras con tema en -p, -b, -c, -g, -t, -d forman o nominativo e o vocativo co morfema -s. (Exemplo: plebs, plebis; legs > lex, legis). As palabras con tema en -l, -r, -n ou -s non toman ningunha desinencia no nominativo e no vocativo.

Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo ou -s -es -a
Vocativo ou -s -es -a
Acusativo -em -es -a
Xenitivo -is -is -um -um
Dativo -i -i -ibus -ibus
Ablativo -e -e -ibus -ibus

Declinación parisílaba

[editar | editar a fonte]
Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo -(i)s -e -es -ia
Vocativo -(i)s -e -es -ia
Acusativo -em -e -es -ia
Xenitivo -is -is -ium -ium
Dativo -i -i -ibus -ibus
Ablativo -e -i -ibus -ibus

Cuarta declinación

[editar | editar a fonte]
Caso Singular Plural
M. e F. Neutro M e F. Neutro
Nominativo -us -u -us -ua
Vocativo -us -u -us -ua
Acusativo -um -u -us -ua
Xenitivo -us -us -uum -uum
Dativo -ui -ui -ibus -ibus
Ablativo -u -u -ibus -ibus

Quinta declinación

[editar | editar a fonte]
Caso Singular Plural
Nominativo -es -es
Vocativo -es -es
Acusativo -em -es
Xenitivo -ei -erum
Dativo -ei -ebus
Ablativo -e -ebus
  1. En realidade, o latín ten sete casos, pero o locativo é tan raro que a efectos prácticos considérase que ten seis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • JOSE A. BELTRÁN, Introducción a la Morfología Latina, Departamento de Ciencias de la Antigüedad, Universidad de Zaragoza 1999
  • E. VALENTÍ FIOL, Gramática de la lengua latina, Ed. Bosch, Barcelona 1999.