Deinonychosauria Rango fósil: Xurásico medio - Cretáceo superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Utarráptor | |||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||
Fósil | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias | |||||||||||||
Deinonychosauria (gr. "lagartos de poutas terribles") é un clado de dinosauros terópodos manirraptores, que viviron dende o Xurásico medio[1] até o Cretáceo superior (fai aproximadamente 167 e 65 millóns de anos, dende o Batoniano até o Mastrichtiano), no que hoxe é América, Europa, África, Asia e maila Antártida.
Deinonychosauria defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Troodon formosus (Leidy 1856) e ao Velociraptor mongoliensis (Osborn, 1924), mais non ao Ornithomimus edmontonicus (Parks, 1933) e ao Passer domesticus (Linneo, 1758). Deinonychosauria está conformado por todos os manirraptores máis emparentados ao deinonico que coas aves modernas.