Deiva Magan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | தெய்வ மகன் |
Director | A. C. Tirulokchander |
Produtor | Periyanna |
Guión | A. C. Tirulokchander |
Baseado en | Ulka de Nihar Ranjan Gupta |
Intérpretes | Sivaji Ganesan Jayalalithaa |
Música | M. S. Viswanathan |
Fotografía | Thambu |
Montaxe | B. Kanthasamy |
Estudio | Shanthi Films |
Estrea | 5 de setembro de 1969 |
Duración | 188 minutos |
Orixe | India |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Deiva Magan (en támil: தெய்வ மகன்) é un filme indio de 1969 rodado en lingua támil e escrito e dirixido por A. C. Tirulokchander. É unha adaptación da novela en bengalí Ulka de Nihar Ranjan Gupta. Está protagonizado por Sivaji Ganesan e Jayalalithaa, xunto con Sundarrajan, M. N. Nambiar, Nagesh, V. Nagayya e Pandari Bai nos papeis secundarios. A película trata sobre un home con cicatrices que intenta reconectar coa súa familia.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 42ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]