Demócratas Independentes

Demócratas Independentes
Dirixentes e organización
LíderPatricia de Lille
Historia
Fundación21 de xullo de 2003
Disolución21 de maio de 2014[a]
Posicións políticas
IdeoloxíaLiberalismo,
Socialdemocracia
Posición políticaCentro
Na rede
http://www.id.org.za

Demócratas Independentes (en inglés: Independent Democrats) ou ID foi un partido político surafricano de tendencia liberal que existiu entre 2003 e 2014. Foi fundado por Patricia de Lille, antes membro do Congreso Panafricano de Azania (APC).[1] Os seus principais bastións electorais foron Cabo do Norte e Cabo Occidental. Na década de 2010, comezou a negociar con Alianza Democrática, principal partido da oposición surafricana, para fusionarse dentro do partido e fortalecelo de cara aos comicios de 2014. Finalmente, ese ano, a fusión completouse, e o partido deixou de existir.[2]

Manifesto electoral de 2009

[editar | editar a fonte]

Antes das eleccións nacionais de 2009 , a ID lanzou un manifesto no que prometía que, se eran elixidos para gobernar, aumentarían a dotación de persoal do Servizo de Policía de Suráfrica a 200,000, recrutarían 5,000 traballadores sociais para operar en comunidades afectadas polo crime, farían que Suráfrica fose líder en enerxías renovables e financiarían unha subvención social mínima gravando bens de luxo, tabaco e alcohol.[3]

Fusión con DA

[editar | editar a fonte]

En 2010, a líder de ID Patricia de Lille formalizou un acordo para fusionarse coa Alianza Democrática. Os dous partidos fusionaríanse por completo en 2014. Debido a isto, ID non disputou as eleccións locais de 2011 como unha entidade separada, senón que presentou os seus candidatos nas papeletas de DA. En febreiro de 2012, a líder parlamentaria da DA, Lindiwe Mazibuko, reorganizou o seu gabinete para propoñer un goberno de ID, mais, finalmente, antes dos comicios xerais de 2014, completouse totalmente a fusión coa Al.[4]

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións xerais

[editar | editar a fonte]
Ano Votos % Asemblea +/– NCOP +/– Posición
2004 269.765
 1,70 %
7 / 400
2 / 90
Oposición
2009 162.915
 0,92 %
4 / 400
Decrecente3
2 / 90
Oposición

Eleccións municipais

[editar | editar a fonte]
Ano Votos %
2006 530.912
 2,02 %
  1. "Floor Crossing at a Glance (pdf)". Idasa. 21 de xuño de 2004. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2007. Consultado o 12 de decembro de 2006. 
  2. [1], Andrew Harding, 15 August 2010, "South African opposition parties to merge"
  3. Quoted in Hartley 2009.
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2021.