Desoxiadenosina difosfato[1] | |
---|---|
[5-(6-aminopurin-9-il)-3-hidroxioxolan- 2-il]metil fosfono hidróxeno | |
Outros nomes dADP | |
Identificadores | |
Número CAS | 2793-06-8 |
PubChem | 620 |
MeSH | Deoxyadenosine+diphosphate |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H15N5O9P2 |
Masa molecular | 411,201722 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A desoxiadenosina difosfato ou difosfato de desoxiadenosina, abreviado como dADP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxiadenosina esterificado cun grupo de dous fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada adenina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.
A dADP, como en xeral todos os desoxirribonucleótidos difosfato (menos o dTDP), fórmase a partir do ribonucleótido difosfato correspondente, neste caso ADP, cuxa ribosa é reducida en posición 2' a desoxirribosa pola ribonucleótido redutase. Nesta reacción intervén a proteína transportadora de hidróxeno tiorredoxina[2].
O dADP pode fosforilarse nunha reacción co ATP para dar dATP, catalizada por unha quinase.