Desoxiguanosina difosfato | |
---|---|
Identificadores | |
PubChem | 644 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H15N5O10P2 |
Masa molecular | 427,201122 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A desoxiguanosina difosfato ou difosfato de desoxiguanosina, abreviado como dGDP, é un nucleótido formado polo nucleósido desoxiguanosina esterificado cun grupo de dous fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada guanina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 9 da base, e un grupo de dous fosfatos esterificado no carbono 5', os cales están unidos entre si por enlace anhidro.
A dGDP, como en xeral todos os desoxirribonucleótidos difosfato (menos o dTDP), fórmase a partir do ribonucleótido correspondente, neste caso GDP, cuxa ribosa é reducida en posición 2' a desoxirribosa pola ribonucleótido redutase. Nesta reacción intervén a proteína transportadora de hidróxeno tiorredoxina[1].
O dGDP pode fosforilarse nunha reacción co ATP para dar dGTP, catalizada por unha quinase.