Desoxiuridina monofosfato | |
---|---|
Outros nomes dUMP | |
Identificadores | |
Número CAS | 964-26-1 |
PubChem | 688 |
ChemSpider | 58574 |
MeSH | 2'-deoxyuridine-5'-monophosphate |
ChEMBL | CHEMBL211312 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H13N2O8P |
Masa molecular | 308,182 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A desoxiuridina monofosfato ou monofosfato de desoxiuridina, abreviado como dUMP, é un nucleótido que non forma parte dos ácidos nucleicos e que ten como misión intervir na biosíntese de nucleótidos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazado coa base nitroxenada uracilo por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un fosfato esterificado no carbono 5'.
Os nucleótidos con uracilo teñen normalmente ribosa, polo que son ribonucleótidos, e o UMP é o nucleótido distintivo do ARN. Non obstante, o dUMP, aínda que pouco común, existe tamén na célula e a súa misión é intervir como intermediario da síntese do desoxirribonucleótido dTMP (tamén chamado TMP). Tamén existe na mesma ruta metabólica o dUDP. As reaccións nas que están implicados son as seguintes[1]: