Det Norske Veritas

Det Norske Veritas

Editar o valor en Wikidata
TipoFundación
Fundación1864
LocalizaciónBærum, Oslo, Noruega Noruega
Persoas claveHenrik O. Madsen (CEO) Atle Bergshaven (Director)
IndustriaNaval, química, enerxía, gas e petróleo
ProdutosClasificación de buques
Número de empregados10.000[1]
Na rede
https://www.detnorskeveritas.com/
editar datos en Wikidata ]

Det Norske Veritas ou (DNV) é unha sociedade de clasificación de buques fundada en Noruega en 1864 organizada como unha fundación que ten como obxectivos: "coidar a vida, as propiedades e o medio ambiente". Xunto con Lloyd's Register e American Bureau of Shipping é unha das tres maiores compañías clasificadoras de buques do mundo, ten 300 oficinas en 100 países.

As industrias máis importantes onde opera a compañía inclúen transporte marítimo, a enerxía (tamén eólica e solar), aviación, automoción, finanzas, alimentación, saúde e tecnoloxías da información.

Organización

[editar | editar a fonte]
Sede de DNV en Noruega

A fundación opera con tres corporacións:

  • DNV Maritime and Oil & Gas Classification adicada á verificación, avaliación de riscos e soporte técnico no sector marítimo, gas e petróleo.
  • DNV KEMA Energy & Sustainability Counselling probas e servizos de certificación no sector enerxético, enerxías renovables, emisións, eficiencia enerxética, xeración eléctrica, transformación e distribución eléctrica.
  • DNV Business Assurance Certificación, avaliación, formación, procesos e organización a nivel mundial nun amplo espectro de sectores.

Tamén ten a filial Software DNV, programas de deseño naval, enxeñería, avaliación e cálculo.

  1. Annual Report (PDF) (Informe). 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de marzo de 2012. Consultado o 01 de setembro de 2012. (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]