Detrás da máscara

Detrás da máscara
Título orixinalBehind a Mask, or A Woman's Power
Autor/aLouisa May Alcott
OrixeEstados Unidos
LinguaInglés
Xénero(s)Novela
Editorial The Flag of Our Union
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1866
Galicia 2017
FormatoTapas duras e brandas
Páxinas174
ISBNISBN 978-84-946538-1-0
TraduciónAntía Veres
editar datos en Wikidata ]

Detrás da máscara[1] (en inglés: Behind a Mask, or A Woman's Power) é unha novela escrita pola autora estadounidense Louisa May Alcott. A novela foi publicada orixinalmente en 1866 baixo o pseudónimo de A. M. Barnard en The Flag of Our Union. Ambientada na Gran Bretaña da época vitoriana, conta a historia de Jean Muir, a enganosa institutriz da rica familia Coventry. Cunha manipulación experta, Jean Muir obtén o amor, o respecto e a fortuna da familia Coventry.

Dende que foi publicada de novo por Madeleine B. Stern en 1975, a novela salienta entre as reintepretacións críticas da obra de Alcott pola súa importancia literaria. Existe unha visión crítica que considera a novela unha versión do tropo da "Bela e a Besta", mentres que outros críticos fan unha crítica feminista da narrativa.

Foi traducido ó galego por Antía Veres[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2017. A tradución foi galardoada co I Premio Realia de Tradución Literaria.[3]

  1. Detrás da máscara. Traducido por Antía Veres (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2017. ISBN 978-84-946538-1-0 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 49. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  3. Antía Veres gaña o I Premio Realia de Tradución, nova recollida en Culturagalega.org o 20 de maio de 2017

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]