Un diagrama de puntos e liñas ou gráfica de liñas, ou gráfica de curvas,[1] é un tipo de gráfica que mostra información como unha serie de puntos de datos chamados "marcadores" conectados por segmentos de liña recta.[2] É un tipo básico de gráfica común en moitas disciplina. A miúdo úsase un gráfico de liñas para visualizar unha tendencia nos datos en intervalos de tempo (unha serie temporal), polo que a liña adoita debuxarse cronoloxicamente. Nestes casos coñécense como gráficas de execución.
Nas ciencias experimentais, os datos recollidos dos experimentos adoitan visualizarse mediante unha gráfica. Por exemplo, se un recolle datos sobre a velocidade dun obxecto en determinados momentos, pódese visualizar os datos nunha táboa de datos como a seguinte:
Velocidade (m s -1 ) | ||
---|---|---|
0,01 | ||
0,03 | ||
0,05 | ||
0,08 | ||
0,12 | ||
0,16 | ||
0,18 |
Esta representación en táboas de datos é unha boa forma de mostrar valores exactos, mais pode impedir o descubrimento e a comprensión de modelos nos valores. A maiores, a visualización dunha táboa adoita considerarse erróneamente como unha recollida ou almacenamento obxectiva e neutral dos datos (e, nese sentido, incluso pode considerarse erróneamente como os propios datos), mentres que de feito é só unha das varias visualizacións posíbeis de datos.
A comprensión do proceso descrito polos datos da táboa axúdase producindo unha gráfica de velocidade en función do tempo. Tal visualización aparece na figura da dereita. Esta visualización pode permitir que o espectador comprenda rapidamente todo o proceso dunha ollada.
Os gráficos adoitan incluír unha función matemática superposta que representa a tendencia que mellor se axusta aos datos dispersos. Esta capa denomínase capa de mellor axuste e o gráfico que contén esta capa denomínase a miúdo como gráfico de liñas.
A capa de mellor axuste pode revelar tendencias nos datos. A maiores, as medicións como o gradiente ou a área baixo a curva pódense facer visualmente, o que leva a máis conclusións ou resultados que os da táboa de datos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diagrama de puntos e liñas |