Coreano 한국어, 조선말 | ||
---|---|---|
Pronuncia: | Hangugeo, Chosŏnmal | |
Outros nomes: | 국어(國語) gugeo. Coloquialmente tamén 우리말 urimal | |
Falado en: | Corea do Norte, Corea do Sur, China e comunidades de inmigrantes coreanos en diversos países | |
Total de falantes: | Arredor de 76 millóns[1] | |
Posición: | 17 | |
Familia: | Illada ou talvez Altaica (controverso) Coreano | |
Escrita: | hangul, hanja | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Corea do Norte e Corea do Sur. Rexional: China. | |
Regulado por: | En Corea do Sur, o Instituto Nacional da Lingua Coreana (국립국어원/國立國語院) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ko
| |
ISO 639-2: | kor | |
ISO 639-3: | kor
| |
SIL: | KKN
| |
Mapa | ||
Status | ||
Na península de Corea fálanse varios dialectos coreanos. A península é extremadamente montañosa e o "territorio" de cada dialecto corresponde estreitamente aos límites naturais entre as diferentes rexións xeográficas de Corea. A maioría dos dialectos reciben o nome dunha das oito provincias tradicionais de Corea. Un deles é o suficientemente diferente dos demais como para ser considerado un idioma separado, a lingua jeju.
Fálase na histórica rexión de Yukchin, que está situada na parte setentrional da provincia de Hamgyong do Norte, moi lonxe de P'yong'an, pero ten máis en común cos dialectos de P'yong'an que cos dialectos circundantes de Hamgyong. Como estivo illado dos grandes cambios do idioma coreano, conservou trazos distintivos do coreano medio. É o único idioma coreano tonal coñecido.
Fálase na rexión da provincia de Hamgyong (Kwanbuk e Kwannam), o extremo nordeste da provincia de Pyongan e a provincia de Ryanggang en Corea do Norte, así como en Jilin, Heilongjiang do nordeste da China; Rusia e antigos membros da Unión Soviética, entón destino da diáspora coreana, como Uzbekistán e Kazakhstán. Conta con nove vogais: as oito do idioma estándar máis "ö".
Fálase en Pyongyang, as provincias de Pyongan e Chagang, e en Liaoning, China. Os sons son un pouco máis pechados, coa vogal 어 soando case igual que 오 e a vogal 으 converténdose en ㅣ.
Comunmente dividido ao longo dos límites provinciais:
Na provincia de Gyeongsang atopámonos co dialecto Gyeongsang, nas cidades de Busan, Ulsan e Daegu. Contén certas características tonais semellantes ao coreano medio.
Na provincia de Jeolla atopámonos co dialecto de Jeolla, na rexión de Honam. Unha das características é que, a diferenza das terminacións -seyo (세요) e -seumnida (습니다), úsase -rau (라우) e -jirau (지라우). Ademais, á hora de pedir favores, engádese ao final -ing (잉)[2].
Na illa de Jeju atopámonos coa lingua jeju, agora en perigo de extinción. Adóitase considerar un idioma independente.[3]
En Corea do Sur, o Instituto Nacional do Idioma Coreano define o coreano estándar[4] (표준어/標準語/pyojun-eo) como "a fala moderna de Seúl amplamente utilizada polos que estudaron ben" (교양있는 사람들이 두루 쓰는 현대 서울말). Na práctica, tende a non contar coas características que se atopan exclusivamente en Seúl.
Corea do Norte estabeleceu que o dialecto de Pyongan, falado na capital de Pyongyang e arredores, debía ser a base da lingua estándar de Corea do Norte (Munhwaŏ); porén, na práctica, segue a ter as súas raíces no dialecto de Gyeonggi, que foi o estándar nacional durante séculos.
Aínda habendo diferenzas entre o Norte e o Sur no idioma coreano, as dúas normas seguen sendo amplamente intelixibles. Unha característica notable dentro da diverxencia é a falta de anglicismos do Norte e outros préstamos estranxeiros debido ao isolacionismo e a autosuficiencia: úsanse no seu lugar palabras coreanas puras/inventadas.[5]