O castelán conta con moitas variedades rexionais ou dialectos, que poden ser bastante diverxentes uns dos outros, especialmente no tocante á pronunciación e ao vocabulario, mais non tanto en canto á gramática. Malia que tódolos dialectos do castelán se adhiren ao mesmo estándar escrito, tódalas variedades faladas difiren da versión escrita en diferentes graos. Existen diferenzas entre os castelán peninsular e o castelán de América, ao mesmo tempo que existen diversas áreas dialectais tanto en España como en América Latina.
As principais diferenzas de pronunciación entre os dialectos do castelán inclúen:
O mantemento ou perda de diferenciación entre os fonemas /θ/ e /s/ (distinción vs. seseo e ceceo);
O mantemento ou perda de diferenciación entre os fonemas representados graficamente por ll e y (yeísmo);
O mantemento do [s] ao final de sílba vs. o seu debilitamento en [h] (chamado aspiración, ou de maneira máis precisa debucalización), ou a súa perda; e
Entre os trazos gramaticais, a variación máis salientable entre os dialectos é o uso da segunda persoa dos pronomes. En América Latina, a única forma do pronome de segunda persoa plural, tanto no rexistro formal como no informal, é "ustedes", mentres que en España, o pronome informal de segunda persoa plural é "vosotros", sendo "ustedes" usado soamente no tratamento formal. Para o pronome de segunda persoa en singular, algúns dialectos de América Latina empregan "tú", mentres que outros empregan a forma "vos".
Existen diferenzas significativas no vocabulario entre as diferentes variedades do castelán, en especial nos termos referidos a comida, obxectos do día a día e roupa. Moitas variedades de América Latina teñen unha considerable influencia léxica das linguas indíxenas de América.
Real Academia Española (1973). Esbozo de una nueva gramática de la lengua española. Madrid: Espasa-Calpe.
Alonso, Dámaso; Canellada, María Josefa; Zamora Vicente, Alonso (1950). Vocales andaluzas. Nueva Revista de Filología Hispánica4. pp. 209–230. doi:10.24201/nrfh.v4i3.159.
Delforge, Ann Marie (2008). "Unstressed Vowel Reduction in Andean Spanish"(PDF). En Colantoni, Laura; Steele, Jeffrey. Selected Proceedings of the 3rd Conference on Laboratory Approaches to Spanish Phonology. Somerville, Mass., USA: Cascadilla. pp. 107–124.
D'Introno, Francesco; Del Teso, Enrique; Weston, Rosemary (1995). Fonética yfonología actual del español. Madrid: Cátedra.