Dibamus novaeguineae | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Dibamus novaeguineae Duméril & Bibron, 1839 | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Dibamus novaeguineae é unha especie de réptil escamoso da suborde dos lacertilios,[2] o tipo da infraorde dos dibamios e da familia dos dibámidos.
É un lagarto sen patas que vive en Filipinas, Indonesia e Malaisia.[3]
A especie foi descrita en 1839 polo zoólogo e naturalista francés André Marie Constant Duméril e polo tamén zooólogo francés, especializado en herpetoloxía, Gabriel Bibron,[2] na súa obra Erpétologie générale, ou histoire naturelle complète des reptiles. Tome cinquième. París: Librairie Encyclopédique de Roret. (Ver texto completo en liña). Consultado o 7 de novembro de 2019.
Para a do xénero, ver Dibamus.
O epíteto específico, novaeguineae, alude ao lugar onde se describiu o espécime tipo, Nova Guinea.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:.[3]
A especie encóntrase en Indonesia (Papúa, Molucas, Sulawesi, Kalimantan); Malaisia (Sabah, Sarawak) e Filipinas, e a súa presenza é incerta en Brunei e Sumatra. Coñécese desde as illas do sur de Filipinas: Basilán, Cebú, Negros, Mindanao, Palawan, Tawi Taw e Camiguín, así como Papahag e Inampulupan nas illas menores da Sonda. En Indonesia rexistrouse desde as illas molucanas de Ternate, Halmahera e Lembeh, o no norte, o centro e o suroeste de Sulawesi, e no oeste de Nova Guinea.[1]
Pode encontrarse el altitudes entre os 15 e do 909 m, non só no solo de bosques naturais ou secundarios, tamén xunto ás marxes forestais, as plantacións de abacá e de coco, os prados arborados, e os bosques de dípterocarpos.[4][5][6]. Esta especie foi observada debaixo de pedras, dentro ou debaixo de troncos podres e nas capas de follas da selva tropical. Non hai información dispoñíbel sobre a ecoloxía desta especie en Nova Guinea, da que non se coñecen rexistros recentes.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha ampla área de distribución en Filipinas, Malaisia e o leste de Indonesia, e que está adaptada a unha ampla gama de hábitats naturais e que pode tolerar un certo grao de modificación do hábitat e, aínda por riba, de que non existen importantes ameazas que afecten á súa poboación, cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dibamus novaeguineae |