Didunculinos Didunculinae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Didunculus strigirostris taxidermizado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
A dos diduncululinos (Didunculinae) é unha subfamilia de aves columbiformes da familia dos colúmbidos.
A subfamilia foi descrita en 1848 polo naturalista inglés John Edward Gray.[1]
En canto ao xénero, foi descrito no mesmo ano polo naturalista, explorador e artista estadounidense Titian Peale.[2]
O nome científico da subfamilia, Didunculinae, está formado pola raíz do seu xénero tipo (e único), Didunculus, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias de animais.
Didunculus é un diminutivo do xénero Didus Linnaeus, 1766, o dodo (hoxe Raphus). "O noso Didunculus, ou pequeno dodo", escribiu Peale en 1848.[3][4]
O dos didunculinos é un taxon monotípico, xa que só comprende un único xénero, Didunculus,[5] cunha soa especie actualmente vivente,[6] e outra fósil:[7]