Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1997 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Diego Alende López, nado en Santiago de Compostela o 25 de agosto de 1997, é un futbolista galego que xoga como defensa no Andorra, da Segunda División.
Alende xogou nas categorías inferiores do Celta de Vigo, asinando un novo contrato de cinco anos de duración o 11 de agosto de 2015.[1] Fixo o seu debut co Celta B na Segunda División B o 20 de setembro dese mesmo ano con vitoria 6–1 fronte á Arandina CF.[2]
O debut de Alende co primeiro equipo do Celta na Primeira División produciuse o 5 de decembro de 2015 no encontro fronte ó Betis que rematou 1–1, entrando no segundo período en substitución do goleador Théo Bongonda.[3] Poucos días despois xogou como titular do primeiro equipo na Copa do Rei fronte ao Almería.[4] Xogou catro anos co filial do Celta, converténdose no capitán do equipo.[5]
No verán de 2019 deixou o club celeste despois de 14 anos e asinou co Real Valladolid por 3 temporadas.[5] Durante a primeira delas foi asignado para xogar no seu filial, o Real Valladolid Promesas do Grupo II da Segunda División B, no que xogou 25 partidos e anotou un gol.[6] Ademais foi convocado en cinco ocasións para o primeiro equipo, aínda que sen chegar a debutar.
O 20 de agosto de 2020 asinou como novo xogador do Club Deportivo Lugo, cedido por unha tempada polo Valladolid.[7]
En xaneiro de 2016 debutou coa selección española sub-19 nun partido amigábel contra Italia.[8]