"Diggi-Loo Diggi-Ley" | |
---|---|
Canción do Festival de Eurovisión 1984 | |
País | |
Artista(s) | |
Lingua(s) | |
Compositor(es) | Torgny Söderberg, Britt Lindeborg |
Resultados | |
Posto na Final | 1º |
Puntos na Final | 145 |
Cronoloxía | |
◄ «Främling» (1983) | |
«Bra vibrationer» (1985) ► |
"Diggi-Loo Diggi-Ley" é unha canción do grupo sueco Herrey's que gañou o Festival de Eurovisión 1984 representando a Suecia.
No festival celebrado en Luxemburgo, foi a canción interpretada no primeiro lugar. Ao final da votación recibía 145 puntos, sendo declarada gañadora. Foi un resultado sorprendente, xa que as destacadas para a vitoria nas apostas previas ó festival eran a canción italiana ("I treni di Tozeur", de Alice e Franco Battiato) e a irlandesa ("Terminal 3", de Linda Martin).
Herrey's gravaron tamén unha versión en inglés titulada Golden Shoes (zapatos dourados).
Lista (1984) | Posición |
---|---|
Noruega | 5 |
Suíza | 10 |
Suecia | 2 |
Austria | 10 |
Países Baixos | 4 |