Digoxixenina | |
---|---|
![]() | |
3-[(3S,5R,8R,9S,10S,12R,13S,14S,17R)-3,12,14-trihidroxi-10,13-dimetil-1,2,3,4,5,6,7,8,9,11,12,15,16,17-tetradecahidrociclopenta[a]fenantren-17-il]-2H-furan-5-ona | |
Identificadores | |
Número CAS | 1672-46-4 |
PubChem | 15478 |
ChemSpider | 14728 |
ChEBI | CHEBI:42098 |
ChEMBL | CHEMBL1153 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C23H34O5 |
Masa molecular | 390.51 g/mol |
log P | 2.57510[1] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A digoxixenina (pronunciado /digoksiʃenína/), abreviada DIG, é un esteroide que se encontra exclusivamente nas flores e follas das plantas estraloques das especies Digitalis purpurea, Digitalis orientalis e Digitalis lanata, onde está unida a azucres formando glicósidos (por exemplo, o lanatósido C).[2]
A digoxixenina é un hapteno, unha pequena molécula con elevada antixenicidade, que se utiliza en moitas aplicacións moleculares de xeito similar a outros haptenos moi usados como o 2,4-dinitrofenol, a biotina e a fluoresceína. Tipicamente, a digoxixenina introdúcese quimicamente (conxugación) en biomoléculas (proteínas, ácidos nucleicos) para ser detectada en posteriores ensaios.
Proteínas que se unen á DIG.- Tinberg et al. deseñaron proteínas artificiais que se unen á DIG. A mellor foi a DIG10.3, que era unha proteína de 141 aminoácidos que se unía á DIG cunha constante de disociación (Kd) de 541 (+/- 193) pM.[3]
Os anticorpos anti-digoxixenina con altas afinidades e especificidade utilízanse en diversos inmunoensaios biolóxicos (por exemplo en ELISA). Os anticorpos son etiquetados con tinguiduras, enzimas ou fluorescencia, directamente ou secundariamente, para a visualización e detección.
A digoxixenina é, pois, unha inmunoetiqueta multiúsos, e especialmente un marcador estándar en inmunohistoquimica para a hibridación in situ.[4][5] Neste caso é conxugada a unha soa especie de nucleósido trifosfato de ARN (normalmente de uridina), que se incorpora despois ao ARN (unha "ribosonda") a medida que este se sintetiza pola maquinaria celular..
Permite realizar o seguinte: