Dinarco de Atenas

Modelo:BiografíaDinarco de Atenas
Biografía
Nacementoc. 360 a. C. Editar o valor en Wikidata
Corinto antiga, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 292 a. C. Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
Antiga Atenas Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAntiga Atenas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónorador Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV a. C. Editar o valor en Wikidata)

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
The Nuttall Encyclopædia >>>:Dinarchus
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1367812

Dinarco (en grego Δείναρχος), nado en Iolcos ca. -361 e finado ca. -291, foi o último dos dez oradores áticos, fillo de Sóstrato (ou, segundo a enciclopedia bizantina Suda, de Sócrates).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No concernente aos aspectos xerais da súa vida, dependemos da obra de Dionisio de Halicarnaso:[1]. Dinarco naceu en Corinto, pero marchou a Atenas para estudar retórica con Teofrasto.

A partir de -336/-365 traballou sempre con moitísimo éxito como logógrafo - un escritor de discursos para os tribunais. Ao ser estranxeiro residente en Atenas (meteco), non puido desenvolver unha carreira política nin tampouco lle estivo permitido falar directamente nos tribunais.

Trala Guerra Lamíaca e cos grandes oradores da época, Demóstenes e Hipérides, xa falecidos, Dinarco quedou só e exerceu a supremacía nesa actividade tan lucrativa.

Durante o goberno do seu amigo e protector Demetrio de Falero, alcanzou o seu máximo nivel e os anos -317--307 foron os máis prósperos da súa vida. Na caída de Demetrio Faléreo en (-307/-306) e a restauración da democracia por Demetrio Poliorcetes, Dinarco, sospeitoso pola súa riqueza e quizais aínda máis pola súa amizade

cos que aboliron a democracia,[2]

foi condenado a morte e tivo que se exiliar a Calcis en Eubea.

Dionisio coñecía 87 dos discursos atribuídos a Dinarco e de 60 deles confirmou a súa autoría. Só posuímos tres considerados auténticos polos especialistas: Contra Demóstenes, Contra Aristoxitón, e Contra Filocles, todos eles relacionados coas investigacións da desaparición do diñeiro depositado en Atenas para Hárpalo en (-324) polo Areópago, o cal logo de consultar, informou que nove homes recibiran subornos de Hárpalo, (o tesoureiro fuxitivo de Alexandre), e designou fiscais para o caso. Dinarco escribiu para un ou máis dos fiscais os tres discursos anteditos.

Tres discursos incluídos na lista de Dionisio de Halicarnaso atópanse no corpus de Demóstenes [3], pero os especialistas non cren que poidan atribuírse a Dinarco.

As simpatías de Dinarco foron en favor dunha oligarquía ateniense baixo control macedonio; pero iso podería recordar que el non era cidadán ateniense. Esquines e Démades non o tiveron como escusa.

No asunto de Hárpalo, Demóstenes era sen dúbida inocente, e, probabelmente, foi outro dos acusados. Con todo, Hipérides, o máis ardente patriota, estivo do mesmo lado que Dinarco.

Baixo a rexencia do seu vello mestre, Demetrio de Falero, Dinarco exerceu grande influencia política. Dinarco sinala o declive da oratoria ática. Demostrou ser pouco orixinal excepto nunha certa habilidade para o uso de metáforas nova. Imitou aos seus predecesores, sobre todo a Demóstenes [4], pero non desenvolveu un estilo propio.

Coñecía a técnica da composición en prosa e dominaba todos os trucos do oficio de orador.

Foi competente ata certo punto, pero a súa obra é descoidada e falta de gusto.

A orde dos seus discursos resulta incoherente. As súas frases son longas e sen forma, dalgunhas figuras retóricas, e.g. epanalepse e asíndeto, fai un uso desmesurado, e a súa invectiva é tan sumamente esaxerada que perde todo o seu significado.

Sobre o -292, grazas ás negociacións do seu amigo Teofrasto, puido regresar a Atenas. Xa practicamente cego, quedou a vivir na casa do seu amigo Próxeno, a quen ao pouco tempo denunciou para recuperar un diñeiro que se lle extraviou na casa, a única vez que Dinarco estivo nos tribunais. Este é o último dato da súa vida que coñecemos.

Dinarco morreu en Atenas cara ao -291.

  1. Sobre Dinarco, cap. 2, 3 e 9
  2. FGrH, 328 F 66.
  3. Orationes 45, 46 e 58
  4. Hermóxenes, Id.ii.11 chámao krítinos Dēmosthénēs, "un Demóstenes de pacotilla"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Dionisio de Halicarnaso: Sobre Dinarco (Περὶ Δεινάρχου).
  • J.F. Dobson: Os oradores gregos (The Greek Orators, 1919).
    • Apartado dedicado a Dinarco: texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus.
  • Dinarco: Contra Demóstenes.
    • Texto inglés con índice electrónico no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
  • Dinarco no Proxecto Perseus.